O COETG acolle unha xornada de análise do comercio electrónico

venres, 30 de novembro do 2007 Raquel Noya

O vindeiro 13 de decembro, a sede do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG) en Vigo vai acoller unha xornada Transtic dedicada ó comercio electrónico e ás súas vantaxes que se enmarca no Programa transfronteirizo para a consolidación de redes de cooperación entre empresas do sector TIC.
A xornada fará un repaso da situación actual do CE B2B coa axuda do proxecto Odette no automóbil, a colaboración de PSA e tamén da empresa TLR que dende hai xa algúns anos vén emprestando servizos de facturación electrónica e loxísticos en diversos sectores.
Asemade, nun debate que terá lugar a continuación, trataranse, entre outros, os temas de comercio electrónico entre empresas, EDI/XML e WebServices ou loxística de aprovisionamento. Amais das empresas colaboradoras, participaran neste debate Tele2-Comunitel e a Universidade de Vigo, que na actualidade está a levar a cabo o desenvolvemento de plataformas EDI.
O relatorio O comercio electrónico entre empresas. Casos e aplicacións, correrá a cargo dos expertos, David Fernández Renau, da empresa Odette, Luis Lozano, responsable de B2B PSA-Vigo e Manuel Rodríguez, presidente de TLR-SOFT.
O posterior debate estará moderado por Miguel Merino, profesor da Universidade de Vigo e experto en sistemas de organización empresarial.
A inscrición para esta xornada, que dará comezo a partires das 18:00 horas, é de balde e pode facerse premendo na seguinte ligazón: www.transtic.org/difusion.htm.

PUBLICIDADE