O CMG organiza A blogosfera, un curso sobre blogs

luns, 27 de novembro do 2006 Raquel Noya

Os weblogs, esas conversas na Rede que están a revolucionar ós medios, ás empresas e ós cidadáns, tocan cada día máis temas diferentes: actualidade, política, cultura, deportes, literatura ou tecnoloxía. Calquera cuestión é valida para opinar e informar. Un blogueiro perante o seu ordenador é como un rapaz de primaria ó que lle suxiren unha redacción de tema libre: nunca se sabe por onde vai deixar voar a imaxinación.
Tal e como calquera pode opinar, calquera pode ter o seu propio blog, por iso, co obxectivo de achegar o mundo dos blogs a través das experiencias dos máis salientables blogueiros galegos, o Centro Multimedia de Galicia (CMG), impartirá do 27 ó 30 de novembro e do 11 ó 14 de decembro o curso A Blogosfera, unhas xornadas que darán a coñecer, entre outros temas, o uso de diferentes aplicacións dos blogs, o perfil do blogueiro galego ou os blogs con temática fotográfica e de vídeo.
O curso, que se desenvolverá a través da rede de aulas multimedia do CMG, ten unha duración de 16 horas, divididas en catro xornadas de diferente temática:
Xornada 1: A Blogosfera: primeiros pasos.
Xornada 2: Reflexionando sobre blogs.
Xornada 3: Blogs para mirar.
Xornada 4: Blogs para escoitar.
Cada tema será abordado por dintintos profesionais, destacadas figuras do mundo dos blogs en Galicia e expertos en deseño e libre difusión de contidos.

PUBLICIDADE