O CITIC participou na celebración da Semana de Anita Borg

venres, 30 de xaneiro do 2015 Redacción

Cristina Gamallo falou de Situm, o proxecto do que é socia e fundadora

A Facultade de Informática da Universidade da Coruña celebrou os días 28 y 29 de xaneiro a Semana de Anita Borg TIC e Liderado para todos...contado por ELAS, unhas xornadas dedicadas á posta en valor do traballo de mulleres en postos directivos de empresas tecnolóxicas de relevancia. O evento conmemora o nacemento de Anita Borg, científica informática estadounidense que conseguiu, entre outros logros, a fundación do Instituto da Muller e a Tecnoloxía. O CITIC non faltou á cita, e nela participaron algún dos seus investigadores.

Bertha Guijarro foi a achega do CITC a este evento

O programa da Semana de Anita Borg en Galicia persegue facer visible o éxito obtido por moitas mulleres no campo das novas tecnoloxías, polo que contou coa presencia de Carme Miró, CEO e Apple Tree Communications (quen foi entrevistada por Bertha Guijarro Berdiñas, vice-coordinadora responsable científica do CITIC), Cristina Gamallo, socia fundadora de Situm, empresa de enxeñería informática e doutora en TIC, Mariel Martínez, do Google Developers Group de Vigo o Verónica Ramallal, fundadora de Pekecha, empresa de imaxe online e social media, entre outras.
A nivel mundial, diversos países organizaron diferentes microeventos para celebrar a semana. A Facultade de Informática da Universidade da Coruña quixo organizar tamén un concurso dirixido a estudantes de secundaria, chamado Wikinformática, animándolles a elaborar biografías en galego en formato Wiki de mulleres destacadas no campo das Tecnoloxías da Información.

PUBLICIDADE