O CITIC organiza unha xornada sobre aspectos a ter en conta sobre a preparación de propostas en Horizon Europe

mércores, 18 de outubro do 2023 S. P.

Esta semana, hoxe (18 de outubro) e este xoves 19, o CITIC da UDC organiza unha xornada sobre os aspectos prácticos da preparación de propostas en Horizon Europe de cara ás novas convocatorias de 2024. Nestas sesións participarán Marina Martínez, responsábel sénior de programas europeos do CDTI en Bruxelas; Sabina Guaylupo, responsábel de proxectos na FECYT e co-fundadora da iniciativa Mydatamood; e María Luisa Pérez Aliende, da Universidade Autónoma de Madrid.
Na xornada do mércores 18, Marina Martínez explicará as convocatorias de 2024 nos Pilares II e III, detallando información sobre elixibilidade e áreas temáticas clave. Esta sesión comezará ás 9:15 na Sala Cloud do CITIC. Pola tarde, continuará a partir das 16:00 en Nordés Club Empresarial.
O xoves 19, na Sala Cloud do CITIC, Sabina Guaylupo e María Luisa Pérez Aliende enfocaranse no marco de actuación para mellorar a participación en Horizonte Europa, compartirán o marco ético e boas prácticas na xestión de datos para enriquecer as propostas en HE.


PUBLICIDADE