O CITIC mostra os seus avances en robótica ante estudantes do IES Miño de Rábade

venres, 13 de xaneiro do 2023 S. P.

Este xoves 12 de xaneiro pola mañá, o Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña recibiu a visita dun grupo de estudantes de 3º da ESO e 1º de bacharelato do IES Río Miño de Rábade.
A sesión comezou na sala coñecida como Demostrador Tecnolóxico, onde o responsábel da unidade de Sistemas do CITIC, Alejandro Mosteiro, mostrou aos estudantes os diferentes ámbitos de aplicación das investigacións realizadas no centro, principalmente nos ámbitos de robótica.
Posteriormente, os estudantes puideron coñecer o CPD (Centro de Procesado de Datos) do CITIC e o laboratorio de Realidade Virtual e Localización, neste último realizouse unha demostración de localización en interiores para coñecer o funcionamento do Optitrack, un sistema de captura de movemento baseado en cámaras.
A visita finalizou cunha demostración de contornas de Realidade Virtual destinadas á rehabilitación de persoas con discapacidade.

PUBLICIDADE