O CITIC celebrará o DÃa das Persoas con Discapacidade coa presentación do proxecto Talentos Inclusivos
mércores, 2 de decembro do 2020
O
Centro de
Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña acolle este
xoves 3 de decembro, con motivo do DÃa Internacional das Persoas con
Discapacidade, unha xornada de presentación de contribucións
tecnolóxicas para derrubar obstáculos en materia de diversidade
funcional. En concreto, presentarase o proxecto Talentos Inclusivos,
que ten o obxectivo de fomentar as vocacións TIC entre estudantes de
Secundaria e Bacharelato e visualizar a problemática coa que se
encontran no dÃa a dÃa os devanditos colectivos.
Segundo
avanza o CITIC, o proxecto desenvólvese conxuntamente con ASPACE
Coruña e conta co apoio do Consello Social da UDC. Esta iniciativa
recibiu unha axuda de 30.000 euros por parte da Fundación Española
para a Ciencia e a TecnoloxÃa (FECYT), dependente do Ministerio de
Ciencia, Innovación e Universidades, no marco da Convocatoria de
axudas para o fomento da cultura cientÃfica, tecnolóxica e da
innovación.
AsÃ,
a formación de grupos entre estudantes de instituto xunto con
persoas usuarias de ASPACE Coruña, crea un espazo de traballo
diverso e inclusivo co fin de resolver os retos aos que se enfrontan
as persoas con parálise cerebral, fomentando a unión de diferentes
perfÃs para propoñer solucións tecnolóxicas innovadoras e
aplicadas co fin de mellorar a calidade de vida das persoas con
diversidade funcional.
No
acto de peche participarán o secretario xeral de Universidades da
Xunta, José Alberto DÃez de Castro, o reitor da UDC, Julio Abalde,
e o presidente do Consello Social da UDC, Antonio Abril. O
subdirector do CITIC e investigador principal do proxecto, Javier
Pereira, e a xerente de ASPACE Coruña, Sonia Ruiz, presentarán a
iniciativa. Ademais, proxectarase un vÃdeo no que equipos de ASPACE
proporán retos tecnolóxicos a resolver e os equipos de estudantes
aceptarán o encomendamento.