O CIM de VilagarcÃa incorpora un servizo de teletradución a 51 idiomas
xoves, 6 de setembro do 2012
- A secretaria xeral de Igualdade asinou o convenio de adhesión do servizo de teletradución coa alcaldesa de VilagarcÃa
O Centro
de Información á Muller de VilagarcÃa de Arousa (CIM), dirixido a atender persoalmente
ás mulleres e ás vÃtimas de violencia de xénero inmigrantes que residen na
comarca e arredores, vén de incorporar un servizo de teletradución a 51 idiomas,
que permite mellorar a asistencia e o asesoramento que se lle viña ofrecendo a
este colectivo ata o de agora.
Este novo
servizo de teletradución, que ofrece sen custe engadido a SecretarÃa Xeral de
Igualdade, xa se viña ofrecendo noutros 55 CIM galegos, e co de VilagarcÃa pasan
a ser 56 (dun total de 80) os Centros de
Información que prestan atención ás mulleres estranxeiras en multitude de linguas.
A teletradución está pensada para dar apoio a unha parte da poboación que
ten dificultades engadidas para acceder aos recursos existentes, a cal está
formada por mulleres inmigrantes residentes en Galicia que non falan as linguas
oficiais do Estado nin as foráneas básicas como pode ser o inglés, o francés ou
o italiano.
A través desta plataforma de teletradución, estas mulleres teñen a
seguridade dun acceso axeitado á información e aos recursos dispoñibles, sobre
atención psicolóxica, prestacións económicas, centros de acollida ou
asesoramento xurÃdico...
O sistema permite ás usuarias comunicarse telefónicamente cunha intérprete
desde calquera centro no que se atopen, e a través dunha chamada a tres, deixa
que interactúen a usuaria, a persoa profesional encargada da entidade e a
intérprete da lingua escollida.
Segundo informan dende a SecretarÃa, o chino mandarÃn, o árabe e o romanés foron
os idiomas máis demandados durante o primeiro semestre nas entidades que xa
contan con este servizo de atención multilingüe, e nese perÃodo foi utilizado por
un total de 82 usuarias.
A SecretarÃa Xeral da Igualdade ofrece este servizo de teletradución aos
CIMs, ás casas de acollida para mulleres vÃtimas de violencia de xénero e ás
entidades e ONGs que asisten a mulleres vÃtimas de trata ou de violencia de
xénero, sendo un total de 67 entidades as que incorporan en Galicia este
sistema.