O CDTIC serviu de escenario para varios obradoiros de integración das TIC na empresa durante os pasados 2 meses

martes, 20 de novembro do 2012 Redacción

Preto dun cento de empresarios e emprendedores participaron durante os meses de outubro e novembro nun programa formativo destinado á integración TIC das pequenas e medianas empresas da Comunidade, iniciativa desenvolvida no Centro Demostrador TIC de Galicia grazas á colaboración entre Red.es e AMTEGA. Este proxecto, que conta coa co financiamento da Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), desenvolveuse en dous bloques formativos e constou de cinco talleres diferentes.
En concreto, na semana do 15 ao 19 de outubro, celebráronse os obradoiros Traballo en orde e seguridade, Xestiono a miña empresa eficazmente e Mobilidade. O Meu negocio na nube, que de forma gradual ensinaron aos participantes nocións básicas de elementos e ferramentas que nos ofrece hoxe en día o mundo 2.0 e que nos poden axudar a mellorar as xestións diarias da nosa empresa, así como a realización de diferentes trámites online a través dos portais dixitais das administracións.
Por outro lado, do 12 ao 15 de novembro, los alumnos adquiriron coñecementos sobre comercio electrónico e redes sociais, grazas aos cursos Comercio electrónico e O Meu negocio na Rede. Ademais, no caso da primeira acción formativa, completouse a parte teórica coa charla maxistral de Carlos Otero, especialista en marketing en liña e comercio electrónico, e a presentación da iniciativa comerciogalicia.es, unha iniciativa da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Comercio.
Segundo os cuestionarios de calidade realizados polos participantes á finalización de cada taller, o grao de satisfacción dos mesmos foron bastante altos e, en moitos casos, expresaron o seu desexo de realizar máis accións formativas deste tipo para lograr a especialización.

PUBLICIDADE