O Bootcamp para Mac OS X soportará Windows 7 antes de rematar o ano

venres, 23 de outubro do 2009 Marcus Fernández

Windows 7 pode cargarse actualmente baixo Mac OS X grazas a máquinas virtuais

Os usuarios de equipos de Apple que gusten de gozar de arranque dual nos seus equipos para poder empregar indistintamente Mac OS X ou Windows XP/Vista, poderán contar con soporte oficial para Windows 7 a través de Bootcamp antes de rematar o ano, advertindo que para tal proceso necesítase dunha copia de Windows 7 orixinal, un Mac con procesador Intel e o sistema operativo Snow Leopard.
Tamén advirten que quedan fóra da actualización so iMac de 17 e 20 polgadas fabricados en 2006, así coma os MacBook Pro de 15 e 17 polgadas do mesmo ano e incluso o MacPro con procesador Intel Xeon Dual-core a 2 2,66 GHz ou a 3 GHz que saíu a mediados de 2006.

PUBLICIDADE