O Banco Pastor achega unha ferramenta de videinterpretación para persoas xordas
xoves, 28 de xullo do 2011
- Gráfico onde se explica cómo funciona o sistema Bildtec, base da tecnoloxÃa usada polo Banco Pastor
Non abonda con fomentar a accesibilidade fÃsica,
algo que debe darse por descontado en tódolos espazos urbanos da nosa contorna,
ben sexan públicos ou privados. Nos tempos que vivimos, cunha Sociedade da
Información que é e ten que ser dereito universal, a accesibilidade ligada aos
procesos comunicativos debera ser tan importante coma a propia información. Ou
máis. Pero non sempre asÃ. Por iso os poucos esforzos que se están a levar a
cabo neste senso dende o sector privado teñen especial importancia: porque dan
exemplo. Hoxe, e sen que sirva de precedente (con todo o que lle podemos
achacar), toca falar ben da banca. Máis polo miúdo dunha entidade galega, o
Banco Pastor, que vén de promover un servizo de videointerpretación para os
clientes con xordeira.
Asà nolo contan dende Xornal.com,
facendo fincapé no pioneiro da iniciativa, tanto na nosa terra como no conxunto
do Estado. De feito, segundo indica o devandito medio facéndose eco das
declaracións que fixo na presentación deste recurso Feliciano Sola, presidente
da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAPXG), trátase da
primeira vez en España que unha empresa privada pon en marcha unha iniciativa
social desta Ãndole contando coa colaboración dunha entidade como a dita
Federación. Por unha vez na nosa terra, e agardamos que non sexa un
acontecemento illado, unha organización de tipo social e unha empresa privada
unen esforzos para botar abaixo barreiras comunicacionais no que se refire á
posibilidade de acceder plenamente á información, barreiras que para unha
persoa xorda son especialmente grosas.
Polo de agora, informou o Banco Pastor, este
servizo estará accesÃbel en once das sucursais da entidade (dúas en A Coruña,
en Ferrol,
Lugo, Monforte, Ourense,
Pontevedra, Santiago, VerÃn, Vigo e VilagarcÃa)
e, tamén, a través da web do Banco, co
fin de achegar accesibilidade nos fogares dos seus clientes. Con todo, a
previsión é estender o servizo, para o que se afondará na colaboración
FAPXG-Banco Pastor.
A
base desta iniciativa está na tecnoloxÃa Bildtec, que posibilita a
comunicación sen que sexa preciso a presenza fÃsica dun intérprete da lingua de
sinais. Con isto, solucionarÃase a falta de dispoñibilidade de persoas con
estes coñecementos comunicativos que afecta á federación, unha entidade que,
como todas as das súas caracterÃsticas, non se caracteriza por mover grandes
recursos. Para tirar partido deste servizo, as persoas potencialmente usuarias
do mesmo só terán que sentar perante un monitor con cámara web nalgunha das sucursais
equipadas con estes recursos, onde un intérprete atenderá á súa consulta. Logo
de recibila, traduciralle o requirimento do cliente ao empregado do banco,
sistema que é aplicábel, cos seus matices, á comunicación en liña facilitada
pola páxina web.