O BNG de Rianxo preocúpase pola cobertura da TDT no seu concello

mércores, 1 de agosto do 2007 Marcus Fernández

O grupo nacionalista de Rianxo deu a coñecer que encargará ó Goberno a elaboración dun estudo sobre a recepción do sinal de televisión dixital terrestre no concello, para que se poidan corrixir os problemas existentes antes do apagón analóxico previsto para 2010.
O BNG sostén que o Executivo debe garantir que as emisións cheguen ó 100% do territorio municipal e afirman que o Concello se acollera a unha liña de axudas específicas creadas pola Secretaría Xeral de Comunicación pero Rianxo non figura na relación de vilas beneficiarias.
Pretenden que outra administracións respalden a cobertura total da TDT no concello costeiro coruñés, e coidan que nos vindeiros presupostos municipais deberían figurar investimentos para efectuar melloras para que os veciños teñan televisión dixital terrestre en boas condicións.

PUBLICIDADE