O Apple Watch sairá á venda mañá ás 7:01 horas

xoves, 25 de xuño do 2015 Marcus Fernández

Este venres é a data de lanzamento en España do agardado Apple Watch, e finalmente vanse sabendo máis detalles sobre a chegada do reloxo de Apple, como que a súa comercialización botará a andar ás 7:01 horas, segundo detalla a páxina web da compañía, sendo esa hora na que se iniciarán as compras vía web, e que será cando coñezamos todos os detalles como os prezos españois dos distintos modelos de reloxo, sendo de agardar que partan dos 399 euros para o modelo de 38 milímetros e correa de goma (o modelo de 42 milímetros custaría 50 euros máis).
Os consumidores que compren vía web poden optar por recibir o seu reloxo na casa ou nunha tenda, asegurando algunhas fontes que non será posible mercalo directamente en tenda durante os primeiros días, na liña do que aconteceu cando se comercializou noutros mercados como o norteamericano ou o francés.

O Apple Watch amplía a familia de produtos de Apple

PUBLICIDADE