O Android de Google será de pagamento na UE baixo certas circunstancias
mércores, 17 de outubro do 2018
O pasado verán a Comisión Europea impuxo
a Google unha multa de 4.342.865.000 euros por vulnerar as normas
antimonopolio da Unión con Android, e aÃnda que dende Google consideran que o seu
modelo de negocio era beneficioso para a industria e a sociedade, decidiron apelar
a sanción, aÃnda que ao mesmo tempo tamén a acatan, de xeito que mentres
non se resolva o recurso de apelación mudarán as condicións nas que subministran
Android aos fabricantes de móbiles e tabletas que se comecialicen en Europa.
Por unha banda actualizan o acordo de compatibilidade cos fabricantes de
dispositivos móbiles para permitirlles tamén a comercialización de dispositivos
que fagan uso de versión de Android distintas ás de Google; ofrecerán por
separado as licencias de Chrome e da aplicación de busca de Google; e, permitirán
comercializar o conxunto de aplicacións móbiles de Google sen Chrome e o
buscador de Google, pero dado que estas aplicacións son as que en boa medida
financian o desenvolvemento de Android, introducirán un novo tipo de licenza de
pagamento para os móbiles que queiran comercializarse coas aplicacións de
Google.
Estas novas opcións de licenza entrarán en vigor o 29 de outubro para todos os
novos smartphones e tabletas que se lancen na Unión Europea.
Esta decisión de Google serven en boa medida para deixar en evidencia a sanción da Comisión Europea, xa que as novas condicións cumprirÃan formalmente coas esixencias dos reguladores, pero na práctica non mudarÃa nada, xa que é sumamente improbable que un fabricante de móbiles decida pagar por Android para poder prescindir do buscador de Google e do navegador Chrome que, por outra banda, son aplicacións demandadas polos usuarios.