O 97% dos 270 Xulgados de Paz de Galicia xa están informatizados

martes, 2 de agosto do 2011 Redacción

O 97% dos 270 Xulgados de Paz de Galicia xa utilizan o sistema de xestión do rexistro civil InfoReg 4.0. As principais finalidades deste sistema de información de xestión do Rexistro Civil son a realización dos asentos rexistrais e o almacenamento electrónico de datos o que leva unha maior seguridade da información e, por outra banda, a posibilidade e emitir as certificacións en galego.
A informatización dos 270 xulgados de paz supuxo un complexo proceso de revisión e dotación do equipamento, da infraestrutura tecnolóxica e a conectividade necesaria en cada un deles, así como a formación personalizada no sistema aos máis de 360 usuarios. Ademais, co obxecto de e asegurar unha adecuada incorporación e desenvolvemento co sistema, existe un equipo de soporte experto para axudar aos usuarios trala implantación e dinamizar o seu uso.
O proceso de implantación do sistema InfoReg na Comunidade Autónoma de Galicia é o resultado dun convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Red.es, o Ministerio de Xustiza e a Xunta de Galicia, no eido do Plan Avanza e o Plan Senda 2014.

PUBLICIDADE