O 3º Plan UNICO achega 90 millóns para dotar de Internet de calidade a 236.254 fogares

luns, 27 de novembro do 2023 S. P.

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, anunciou en Xermade (Lugo) un novo investimento de 19,4 millóns de euros do Goberno para, nas súas palabras, “completar a extensión de Internet de alta velocidade a todos os recunchos de Galicia”. Trátase da terceira convocatoria do Programa UNICO de Banda Larga do Ministerio de Transformación Dixital, que suma un investimento global de 90 millóns de euros na comunidade galega para levar a conexión de calidade a 236.254 fogares e empresas que ata agora non contaban con este servizo antes de finais de 2025.
Na provincia de Lugo, a empresa Avatel será a encargada de levar Internet de alta velocidade a 11.132 fogares e empresas no marco desta terceira convocatoria, que financia o Goberno con 4.268.715 euros.
Pedro Blanco lembrou que Internet “é unha ferramenta que hoxe está en todos os aspectos das nosas vidas, que é chave para o desenvolvemento dos concellos do século XXI e tamén para a dinamización da actividade económica no rural”. Neste sentido destacou que “somos o Goberno que trouxo investimentos para solucionar un problema real despois de anos sen avances nesta materia por parte da administración autonómica”.
O delegado sinalou que iniciativas como o Programa UNICO, que se financia con cargo aos fondos do Plan de Recuperación, “son un exemplo máis de que o diñeiro do Goberno chegan a todos e cada un dos concellos galegos. E fano para mellorar a vida dos seus veciños e veciñas, como no caso de Xermade, onde máis de 2.000 veciños e veciñas que carecían de Internet de alta velocidade van ter agora este servizo”. En concreto, o tres convocatorias permitirán levar Internet de alta velocidade a través de fibra a 2.077 familias e empresas do municipio a través de 484 proxectos que executan as empresas seleccionadas.
Facendo un algo de balance, Branclo lembrou que o investimento do Goberno nas dúas convocatorias anteriores, xa en execución, foi de 71,2 millóns de euros. Na primeira, Telefónica foi a empresa adxudicataria, mentres que na segunda o galega Vento Rede encárgase da despregadura na Coruña; Avatel en Pontevedra e Ourense, e Adamo en Lugo.
Nesta terceira convocatoria Vento Rede adxudicouse de maneira provisional as provincias da Coruña e Pontevedra, mentres que Avatel foi seleccionada para executar as conexións nas provincias de Lugo e Ourense. O investimento total que se mobilizará, sumando a achega das empresas a axuda do Goberno, ascende a 131 millóns de euros no tres convocatorias.
O delegado e o alcalde de Xermade, Roberto García, repasaron os apoios do Goberno ao Concello de Xermade nestes anos, entre os que destacan os 4.000 euros para a posta en marcha dunha Aula Mentor ou os 403.000 euros dos fondos de Transición Xusta do Ministerio de Transición Ecolóxica para a rehabilitación da antiga casa reitoral para convertela no futuro Centro Internacional de Tornaríaa do municipio, que acolle o Encontro Internacional de Torneiros de Madeira.

PUBLICIDADE