Núñez Feijoo supera os 4.000 amigos en Facebook

luns, 1 de xuño do 2009 Marcus Fernández

As formacións políticas galegas nas pasadas eleccións autonómicas fixeron un notable esforzo por destacar nas redes sociais baseadas na Internet, sendo o máis notable a carreira por facer amigos en Facebook, que estaba practicamente nun empate por parte dos candidatos do PPdeG, o PSdeG-PSOE e o BNG, o que en vista da desaparición da primeira liña política dos 2 últimos levou a Alberto Núñez Feijoo a tomar a dianteira e superar os 4.000 amigos (sumando outros 1.500 en Tuenti).
Dende o PPdeG aseguran que os perfís de Feijoo conta con actualizacións diarias, o que indica un compromiso pola transparencia e a constante comunicación cos cidadáns a través das posibilidades que permite a Rede. O Partido tamén fai uso de Flickr e YouTube para facer chegar a xente os seus contidos multimedia, complementando con todas estas canles a páxina web oficial do PPdeG e os blogs de boa parte dos seus dirixentes.

PUBLICIDADE