Now on Tap por fin funciona en español

martes, 15 de decembro do 2015 Marcus Fernández

Na presentación de Android 6.0 Marshmallow anunciaron unha nova prestacións para os smartphones, Now on Tap, que leva o sistema de buscas de Google a calquera lugar do teléfono, e que inicialmente só estaba dispoñible en inglés, por fin funciona en español como “Now con un Toque”, facilitando atopar información ao instante cando estamos a realizar algunha actividade no teléfono (como escoitar música ou enviar unha mensaxe de texto).
Deste xeito, cando estamos nunha aplicación en Android 6.0 e deixamos premido o botón de Inicio para solicitar axuda, activarase Now cun Toque, de xeito que, por exemplo, sen estamos a falar cun amigo por WhatsApp sobre quedar para ir ver a nova película de Star Wars, sen abandonar o WhatsApp podemos buscar información sobre o filme, ver o tráiler ou incluso mercar os billetes para vela, podendo retomar ao instante a conversa.
A información de Now on Tap tamén axuda para atopar información sobre locais de hostalaría ou para facer un seguimento de paquetes dos que recibamos confirmación do seu envío por correo electrónico, en definitiva, as funcionalidades propias das tarxetas de Google Now, pero espalladas a todo o sistema operativo móbil de Google.

PUBLICIDADE