Novo número da revista O Barbanza

xoves, 7 de setembro do 2023 Redacción

Como cada mes chega un novo número da edición impresa de O Barbanza, publicación do Grupo Código Cero Comunicación, que no seu número 51 está xa en distribución na comarca do Barbanza e trae unha ampla axenda das actividades sobre os actos das festas e actividades da zona.
Nesta edición destacamos as catros grandes celebracións coas que remata o verán, Santa Uxía, o Carme, Nazareno e A Guadalupe, e facemos unha homenaxe a Borobó, cun artigo de Antonio González Millán, director do Museo Valle-Inclán e seguimos coa lembranza de Carlos García Bayón do que nos escribe, Xosé Antonio Ventoso Mariño, ex-alcalde de Ribeira e ex-deputado autonómico. Falamos tamén con novo alcalde de A Pobra, José Carlos Vidal Suarez, con quen iniciamos unha serie na que irán pasando os rexedores da comarca.
E coma sempre o turismo, a cultura, a historia e a actualidade completan este número de O Barbanza que, como é habitual, está xa en distribución de balde en todos os concellos da comarca barbancesa cunha tiraxe de 6.000 exemplares e que se pode conseguir en numerosos puntos ou ben descargalo en PDF ou ben lelo nas distintas plataformas como PC, tableta e móbil.
Por outra banda a web obarbanza.gal bate marcas este mes de agosto superando os 104.072 usuarios. Supón que de media accederon o diario dixital 3.357 usuarios únicos/día.
O crecemento nos últimos doces meses de visitas foi dun 423 %, mentres que os usuarios únicos aumentaron nun 261,95 %. Durante o mes de agosto do ano 2023 léronse de media 12.699 novas/día.
No que vai de ano 2023 acadáronse xa 522.550 visitas con 254.395 usuarios únicos, convertendo O Barbanza no segundo medio de comunicación da comarca.

PUBLICIDADE