Novo número da revista O Barbanza

xoves, 7 de abril do 2022 Redacción

Xa está na rúa o número dobre da nosa revista mensual O Barbanza que chega nesta ocasión aos números 33-34. como é habitual a revista distribúese en toda a comarca do Barbanza cunha tiraxe de 7.000 exemplares de balde podendo amais consultarse en formato PDF.
O número habitual centra o seu tema de portada no gas radon e a súa presenza na comarca barbancesa. Analizamos as consecuencias e os seus efectos falando co doutor Xoán Miguel Barros Dios, director do laboratorio de Radon de Galicia e profesor titular de Medicina Preventiva e Saúde Pública da USC.
Entre outros temas pasamos revista a actualidade dos concellos do Barbanza, as infraestructuras hidráulicas, a actualidade empresarial e os seus usos tecnolóxicos, como o de CONGALSA, e propoñemos unha volta a Galicia en sete días agora que se acerca a Semana Santa.
Precisamente no número interior a Semana Santa é a grande protagonista con amplas reportaxes das actividades relixiosas e lúdicas dos concellos da comarca da Barbanza. No capítulo da memoria repasamos a vida do pobrense Victoriano García Martí, cun artigo da súa biógrafa, Arantxa Fuentes Ríos, profesora asociada da Universidade de Santiago de Compostela, e falamos tamén da vivenda de Victoriano García Martí.
Na entrevista charlamos con Fabiola García, a ribeirense conselleira de Política Social, e recollemos nos dous números un amplo resumo nas novidades das nosas letras e aniversarios máis destacados. No turismo falamos da Pedra da Ra, o miradoiro que vixía as mellores vistas da nosa costa.

PUBLICIDADE