Novo número da revista O Barbanza

mércores, 29 de xullo do 2020 Redacción

O Grupo Código Cero publica un novo número da revista mensual O Barbanza, que nesta ocasión busca achegarse ao concepto de turismo seguro do que pode presumir a comarca do Barbanza como alternativa ao turismo masificado.
O número 12 da revista O Barbanza tamén fai balance dos últimos comicios electorais cos alcaldes da comarca, repasa a axenda cultural do mes de agosto con espectáculos en formatos pequenos para manter a seguridade e dá conta da adaptación dos albergues do Camiño de Santiago para loitar contra a COVID-19 (para o que tamén apostan pola dixitalización).
A revista pode atoparse en formato físico en numerosos locais da comarca, sendo tamén posible a súa consulta en liña.

PUBLICIDADE