Novo número da nosa edición impresa

mércores, 27 de decembro do 2023 Marcus Fernández

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención á colaboración entre R e Rede Aberta para levar a banda larga a concellos do rural. Tamén abordamos os seguintes temas:
– O Goberno lanza o terceiro Plan Único de banda larga en Galicia
– O CITIC revoluciona a resposta a emerxencias transfronteirizas con IA
– Santiago impulsa un proxecto intelixente para a xestión municipal da auga: Smartiauga
– CELIA chega a WhatsApp para combater a soidade non desexada
– GAIN presenta unha plataforma que mostra polo miúdo as capacidades de I+D de Galicia
– As Xornadas de Automatización Industrial da UVigo xa teñen data de celebración
– A Deputación adxudica por 2,5 millóns as obras do edificio Coruña Estudio Inmersivo
– O 64% dos galegos e galegas dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas
– Rematamos o ano con importantes novidades sobre Intelixencia Artificial galega
– O Clúster TIC elixe nova directiva con Antonio Rodríguez del Corral á fronte
– Política Lingüística e Igaciencia entregan os premios do certame Novos Poliedros
– Fernando Suárez (CPEIG) reflexiona sobre usos axeitados (e inaxeitados) das TIC
– Falamos co investigador Andrés Piñeiro sobre a revolucionaria tecnoloxía de Balidea FalAI
– As empresas e as entidades galegas converten a innovación nunha constante
– Falamos con Pauliña, responsable do programa da TVG Amor a un clic

PUBLICIDADE