Novo número da nosa edición impresa

luns, 27 de novembro do 2023 Marcus Fernández

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención á presentación dos novos logros de Balidea en tecnoloxías da fala baseadas en intelixencia artificial. Tamén abordamos os seguintes temas:
– O ITG inaugura un centro de experimentación avanzada en IA aplicada aos drons
– O CITIC colabora con SOGAMA nunha plataforma de IA para a clasificación de residuos
– Santiago celebrou con éxito de participación unha nova edición do Talentia Summit
– O proxecto europeo rurAllure (atlanTTic) recibe dous galardóns internacionais
– Alingua lanza novos materiais TIC para o impulso do galego entre a rapazada
– A Tecnópole participa novamente en Ciencia e Tecnoloxía en Feminino (6ª edición)
– R celebra os cinco anos da súa Cátedra en Ciberseguridade
– As Aulas CeMIT forman a máis de 890 persoas en tecnoloxías disruptivas
– Amplíase até o 15D o prazo para solicitar os bonos dixitais para colectivos vulnerábeis
– O CCG destaca o bo intre do audiovisual en Galicia e a expansión dos novos formatos
– Política Lingüística celebra o 90 aniversario da radio en Galicia cos Premios Xosé Mosquera
– O CPEIG amosa a súa xunta directiva para os seguintes 4 anos, encabezada por Fernando Suárez
– A Xunta achega IA e a aprendizaxe automática aos sectores agrario e forestal
– As empresas e as entidades galegas converten a innovación nunha constante
– UCGAL analiza a nova lexislación que regula a contorna dixital europea
– Sae á venda o libro Los secretos de Hyrule
– As nosas entidades poñen o foco na vertente máis educativa (e creativa) dos videoxogos

PUBLICIDADE