Novo número da nosa edición impresa

luns, 24 de outubro do 2022 Marcus Fernández

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención aos 10 anos de actividade da Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA). Tamén abordamos os seguintes temas:
– XGN R Encounter recupera totalmente a presencialidade
– XoveTIC 2022 premia cinco novos e puxantes proxectos dos nosos novos investigadores
– Fernando Suárez (CPEIG) fainos un balance dos fitos acadados na Mobile Week Ourense
– IurisTICGal 2022 afondou nas oportunidades do metaverso
– Rede Aberta e Avatel preparan importantes despregaduras no noso rural
– As xornadas JAI recuperan en novembro, na súa oitava edición, a presencialidade
– Santiago instala bancos intelixentes e activa unha campaña contra as adicións online
– O CESGA inaugurou o seu novo superordenador: o FinisTerrae III
– AMTEGA impulsa en novembro unha nova edición do encontro CIBER.gal
– COETG e AETG celebraron a nova edición da Noite Galega das Telecomunicacións
– O Instituto Tecnolóxico de Galicia impulsa o primeiro voo de dron aerotaxi en España
– Política Lingüística converte o Portal da Lingua nun foco primordial de contidos en galego

PUBLICIDADE