Novo número da nosa edición impresa

mércores, 21 de setembro do 2022 Marcus Fernández

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención aos Premios Galicia das Telecomunicacións que entregarán en Vigo a AETG e o COETG. Tamén abordamos os seguintes temas:
– O CITIUS constata o potencial terapéutico das experiencias colectivas de Realidade Virtual
– Carlos Gómez (CITIC) recibe financiamento europeo para o seu proxecto de lingüística
– Entrevistamos a Alba Meijide, comisaria da mostra AI: More than Human
– A ESEI acollerá en outubro a fase final do primeiro hackathon turístico galegoportugués
– Pont-UP Store contará con 40 empresas, unha trintena de actividades e un escape room
– Alén Space e EGATEL revolucionan as comunicacións mariñas coa súa tecnoloxía
– O CPEIG e AMTEGA inauguran na EGAP o Curso Superior de Administración Electrónica
– O Museo de Pontevedra presenta un pioneiro sistema de visitas virtuais
– A operadora Rede Aberta estrea no rural tecnoloxía para dotalo de cobertura avanzada
– A Xunta impulsa a Plataforma de Mobilidade 4.0
– Activadas axudas para mellorar as infraestruturas de telecomunicacións en edificios
– Entrevistamos a Valentín Hernández, director de marketing de mobilidade en Samsung
– O CPETIG impulsa este outono unha completa axenda formativa nas nosas aulas CeMIT
– A Cultura galega encara o remata de verán cunha boa vendima de contidos dixitais
– O Portal da Lingua consolídase como ferramenta para achegarnos ao mellor da nosa cultura
– As empresas e as entidades galegas converten a innovación nunha constante

PUBLICIDADE