Novo número da nosa edición impresa

martes, 15 de febreiro do 2022 Marcus Fernández

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención ao Plan Senda 2025 que modernizará a Xustiza galega e ao primeiro campus virtual de España. Tamén abordamos os seguintes temas:
– UNICEF fai en Santiago un chamamento de urxencia para protexer aos menores na Rede
– A ESEI do Campus de Ourense comparte con nós as súas últimas novidades
– O CPEIG achegounos ciberconsellos no Día da Protección de Datos
– O CITIC organizou obradoiros e demostracións no Día das Mulleres e as Nenas na Ciencia
– Emprego revoluciona o ámbito da formación para o emprego cunha nova plataforma
– A USC participa nun proxecto para producir medicamentos con impresión 3D
– Máis participantes e máis recursos dixitais para o reto dos 21 días co galego
– En marcha unha web para apoiar a quen se mergulla no galego: Neofalantes.gal
– A cultura galega celebra un xaneiro de 2022 cargado de novidades
– As empresas e as entidades galegas converten a innovación nunha constante
– Universidades e institucións galegas impulsan medidas para combater o machismo TIC
– Entrevistamos a Iago Gordillo, responsábel de Recuncho Maker
– O ámbito galego dos videoxogos foi no cambio de ano un fervedoiro de novidades
– O xogo galego The Waylanders sae ao mercado oficialmente

PUBLICIDADE