Novo número da nosa edición impresa

martes, 13 de abril do 2021 Marcus Fernández

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención aos avances en fibra óptica na nosa terra e ás iniciativas na Rede para celebrar o Día das Letras Galegas. Tamén abordamos os seguintes temas:
– O CPEIG fai un novo chamamento a prol das tecnoloxías seguras e igualitarias
– O CITIC captará talento internacional cun innovador programa de doutoramento
– Os concellos son estes días un fervedoiro de iniciativas de promoción tecnolóxica
– O 22 de abril o CESGA, o CPEIG e Igualdade celebran o Día das Rapazas nas TIC
– Política Lingüística e AMTEGA achegan a posibilidade de preparar o CELGA 1 online
– AMTEGA impulsa unha fronte común de empresas e administracións contra a ciberdelincuencia
– Adamo dá pasos de xigante en materia de cobertura de banda larga en Lugo
– GAIN aposta forte por xerar e reter talento investigador galego
– As empresas e institucións enfían o miolo da primavera con relevantes exemplos de innovación
– O Mester, gañador do game jam do Consello da Cultura sobre Afonso X e Galicia
– Chega dende a nosa terra o primeiro museo 100% virtual de España

PUBLICIDADE