Novo número da nosa edición impresa

mércores, 23 de setembro do 2020 Marcus Fernández

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención ao esforzo conxunto dos concellos a prol da revitalización e a transformación das empresas, á transformación das JAI nunhas xornadas dixitais por mor da pandemia e ao congreso ECAI Digital 2020 organizado polo CITIUS. Tamén abordamos os seguintes temas:
– BFAero captará sete novos proxectos con vehículos non tripulados até o 22 de outubro
– O CITIC recibe financiamento por valor de máis dun millón de euros do Ministerio de Ciencia
– R lanza un paquete para garantir o acceso á Rede nas familias en risco
– GAIN presenta novas e importantes axudas para favorecer na nosa terra a Industria Intelixente
– Ferve o panorama de eventos virtuais de software libre para a presente tempada
– Politica Lingüística informa polo miúdo das probas CELGA a través do portal lingua.gal
– A taxa de fogares galegos con escolares que teñen Internet contratada é do 100%
– A nosa terra acollerá un novo proxecto de tecnoloxía 5G
– Os concellos da nosa terra traballan para acelerar a transformación das empresas
– Achegamos un novo menú de innovación e creatividade galega
– O CPEIG distinguirá a Cidade das TIC na Noite da Enxeñaría en Informática
– A Fundación Carlos Casares e o MUVI fan historia cunha exposición sobre videoxogos

PUBLICIDADE