Novo número da nosa edición impresa

xoves, 18 de xuño do 2020 Marcus Fernández

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención ás iniciativas empresariais para facer fronte contra o coronavirus, aos avances de Ribeira na dixitalización do seu comercio e ao éxito galego nos Premios Nacionais de Informática. Tamén abordamos os seguintes temas:
– Santiago, premiada polo seu proxecto para frear con tecnoloxías a presenza de CO2
– O CITIC dá forma aos estudos de Intelixencia Artificial en educación secundaria
– A Deputación impulsa o comercio local nas redes coa campaña En Lugo
– As entidades culturais da nosa terra presentan un novo menú de contidos galegos online
– Presentados os apoios anti-crise ao talento e á creatividade da Consellería de Cultura e Turismo
– Senén Barro, director científico do CiTIUS, Premio Nacional de Informática
– A Universidade da Coruña logrou novos recoñecementos nos Premios Nacionais de Informática
– Iníciase a pilotaxe de Asiste, a app de coidados para as persoas
– AMTEGA e Santiago pechan a consulta para o despregue de fibra no casco antigo compostelán
– Aberto o prazo para presentar contribucións ao fondo de proxectos culturais Xacobeo 21, dotado en inicio con 1,5 millóns
– O Goberno galego avanza detalles concretos sobre o supercomputador Finisterrae III
– Henrique Neira móstranos 200 grandes fitos galegos da informática e as comunicacións III
– Fernando Suárez analiza para os nosos sectores os grandes retos TIC de España na desescalada
– Entrevistamos aos integrantes do Centro Tecnolóxico do Barbanza
– A Catedral de Santiago amplía a presenza do seu Museo na Rede

PUBLICIDADE