Novo número da nosa edición impresa

mércores, 6 de marzo do 2019 Redacción

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención ás iniciativas a prol da nosa fala que se desenvolven a través da Internet. Tamén abordamos os seguintes temas:
– Unha expedición de firmas galegas viaxou ao Mobile World baixo o paraugas de Intermax
– O CITIC participou en Transfiere, un dos grandes eventos estatais en transferencia e innovación
– AMTEGA e a Universidade de Vigo poñen en marcha unha formación especializada en 5G
– Segue a dar pasos importantes a Memoria Dixital de Galicia
– O CPEIG redobrou esforzos para acadar a construción dunha Rede útil e segura
– Fernando Suárez fai un chamamento a pechar fileiras arredor da igualdade nas TIC
– A Deputación de Lugo e USC volven xuntar forzas para impulsar o talento e o I+D
– GAIN quere transformar as nosas empresas co programa Fábrica Intelixente
– Entrevistamos a Carlos Vila, do Colexio de Enxeñaría en Informática Técnica de Galicia
– Política Lingüística presenta a nova edición de Lingua de Namorar
– Medran os lectores na plataforma GaliciaLe
– Volve Youtubeir@s con máis concellos, máis premios e máis difusión
– Febreiro ferve de contribucións TIC á cultura galega
– O Clúster TIC e Laconnetwork entregaron na Coruña os Premios Galicia TIC
– Blockchain.gal mostra no CESGA as potencialidades de Lightning Network para a Bitcoin
– Appentra e o CESGA preparan unha nova edición, a cuarta, do CESGAHACK
– Entrevistamos aos responsábeis do primeiro museo galego do videoxogo, o MUVI

PUBLICIDADE