Novo número da nosa edición impresa

venres, 14 de setembro do 2018 Marcus Fernández

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención ao congreso de dirección de proxectos #SilverBulet18, organizado polo CPETIG e sobre o que falamos co seu presidente, Marcos Mata. Tamén abordamos temas como os seguintes:
- O CPEIG e Vicepresidencia lanzan app para loitar contra as agresións sexuais
- O CITIC aposta polo talento novo no seu I Congreso XoveTIC
- A Deputación de Lugo remodela o seu centro de procesamento de datos
- Pont-Up Store mostrará en Pontevedra as múltiples facianas do noso talento innovador
- Un total de 267 centros e preto de 18.000 alumnos empregarán este curso o libro dixital
- Medio Ambiente e AMTEGA impulsan a dixitalización dos nosos parques naturais
- A cultura galega métese no miolo do lecer dixital: no ámbito dos videoxogos
- Achegamos un nutritivo e gorentoso menú de verán de innovación tecnolóxica galega
- Os nosos concellos soben novos chanzos na escaleira do goberno dixital
- Henrique Neira visualiza o carácter visionario da obra de Vicente Riscol

PUBLICIDADE