Novo número da nosa edición impresa

venres, 16 de febreiro do 2018 Marcus Fernández

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega celebramos os 25 anos da chegada da Internet a Galicia con distintos testemuños deste fito histórico. Tamén abordamos temas como os seguintes:
- As mozas, protagonistas da nova edición do certame Lingua de Namorar
- O CITIC participa na creación de dúas cátedras de innovación na UDC
- Ofrecemos un novo menú de inverno de innovación galega, indicado para collermos folgos
- A asociación Ineo renova directiva
- Completada a entrega de 13.000 novos equipos para o alumnado dos 154 centros E-Dixgal
- O Clúster TIC Galicia e a Laconnetwork entregan os seus primeiros premios
- Milladoiro e As Pontes apostan formatemente pola cultura maker
- A nova edición do centro de crowdworking do Gaiás dá unha viraxe cara o ámbito 4.0

PUBLICIDADE