Novo número da nosa edición impresa

luns, 10 de abril do 2017 Marcus Fernández

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención á relación do turismo galego coa Internet: Tamén abordamos temas como os seguintes:
- O festival Carballo Interplay encherá a vila coruñesa de youtubers e webseries
- O CPETIG chama por incrementar a presenza de mulleres nas carreiras de informática
- O CITIC co-impulsa unha tecnoloxía pioneira para seguridade en interiores con drons
- O Concello de Lugo inaugura no casco vello da cidade o seu referencial Edificio de Novas Tecnoloxías
- A AGGETT achéganos aos seus importantes obxectivos de impulsar as telecos na nosa terra
- AMTEGA presenta a nova edición de AceleraTIC+
- Asturias quere aproveitar a experiencia galega ao abeiro da Historia Social Única Electrónica
- Ribeira, referente en xestión smart de recursos enerxéticos
- Os concellos galegos afiánzanse na era da Administración Electrónica
- Entidades, asociacións e empresas redobran esforzos para que a Internet tamén fale galego

PUBLICIDADE