Novo número da nosa edición impresa

venres, 14 de novembro do 2014 Marcus Fernández

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou dende a nosa aplicación para iPad.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención ao traballo desenvolvido dende os centros tecnolóxicos e as empresas da nosa comunidade.
Tamén destacamos outros temas como:
- Os proxectos de Galicia Open Future adéstranse en métodos para buscar investimento
- Crónica das Xornadas de Automatización Industrial
- A Noite das Telecomunicacións de Galicia serviu de escaparate para o mellor da nosa innovación
- O Plan Senda comeza unha nova etapa chea de retos para a e-Xustiza galega
- A Deputación de Lugo leva asesoramento TIC as concellos da provincia
- A colaboración de desenvolvedores achega as tecnoloxías de Google a Galicia
- A Deputación de Pontevedra organiza múltiples obradoiros para divulgar as vantaxes das TIC
- Cilenis lanza un interesante recurso multi-lingüístico: Linguakit
- A USC lanza un glosario de terminoloxía galega sobre eAdministración

<script type="text/javascript" src="//e.issuu.com/embed.js" async="true"></script>

PUBLICIDADE