Novo número da nosa edición impresa

mércores, 6 de agosto do 2014 Marcus Fernández

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou dende a nosa aplicación para iPad.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención ao lanzamento dos Nomes Pioneiros .gal, que sentan os alicerces para que o dominio .gal estea dispoñible para o seu rexistro xeral o vindeiro mes de decembro.
Tamén destacamos outros temas como:
- Affinimeter: tecnoloxía galega para optimizar o achado de fármacos
- Telefónica salienta que no eido estatal descárganse xa 1,4 millóns de apps ao día
- AMTEGA abre a campaña de suxestións e ideas da Axenda Dixital de Galicia
- Entrevistamos a Mar Pereira, directora da AMTEGA
- A Deputación de Lugo leva Wi-Fi de balde a 48 concellos da provincia
- Coruña Smart City colle corpo
- A Deputación de Pontevedra lánzase novamente a dixitalizar o seu patrimonio

<script type="text/javascript" src="//e.issuu.com/embed.js" async="true"></script>

PUBLICIDADE