Novo número da nosa edición impresa

martes, 7 de xaneiro do 2014 Marcus Fernández

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención ao 20 aniversario do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), polo que incluímos dentro da nosa publicación un caderniño especial dedicado a esta entidade que contribúe de xeito significativo á investigación, ás empresas e á sociedade galegas.
Tamén destacamos outros temas como:
- Gradiant e o Campus do Mar deron a coñecer as potencialidades de Horizon 2020
- Entrevista ao director do operador público galego Retegal, José Ángel Abeal
- Vodafone lanza unha aplicación para converter o móbil en elemento educativo
- O CITIC amosa tecnoloxía para protexer os nosos nenos na Rede
- Ineo expón as súas últimas novidades TIC das súas empresas
- Telefónica e o Goberno galego presentan o Centro de Emprendemento TIC do Gaiás
- O Centro Demostrador TIC fai reconto da actividades logo de dous anos de vida

<script type="text/javascript" src="//e.issuu.com/embed.js" async="true"></script>

PUBLICIDADE