Novo número da nosa edición impresa

xoves, 7 de febreiro do 2013 Marcus Fernández

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF.
Nesta nova entrega dedicamos un especial interese no proxecto NACCE, que busca dinamizar o sector TIC na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, para o que entrevistamos a Jorge Barros, subdirector xeral de Emprendedores e Traballo Autónomo.
Tamén destacamos outros temas como:
- Entrevista a Fernando Pérez, director xeral do centro Gradiant
- Zarpamos consolídase como aceleradora-lanzadeira de empresas TIC galegas
- Lúdica 7 organiza Compostweets e presenta o seus proxectos de publicación dixital
- INEO contribúe ao afianzamento das cidades intelixentes na nosa terra
- Máis dun millón de galegos pode acceder a redes de nova xeración
- En marcha a iniciativa de autoemprego Miradas de Muller
- Terceiro aniversario da LaconNetwork e entrega dos Premios EGANET
- Gradiant ensaia con éxito unha tecnoloxía para o rescate e a localización de persoas
- A Deputación de Pontevedra informa das súas novas achegas tecnolóxico-dixitais
- Amosamos as posibilidades do Nokia Lumia 920

<script type="text/javascript" src="//e.issuu.com/embed.js" async="true"></script>

PUBLICIDADE