Novo número da nosa edición impresa

luns, 5 de novembro do 2012 Marcus Fernández

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF.
Nesta nova entrega dedicámoslle unha especial atención á Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información celebrada por AETG-COETG, entidade que tamén presenta a súa guía sobre o fogar dixital.
Tamén destacamos outros temas como:
- II Foro Internacional de Espazos para a Cultura no Gaiás
- Nova edición da Kutruparty na Estrada
- AGESTIC entrega en Santiago os Premios INNOVA-G
- O CPEIG premia a Luz Castro e prepara a súa noite de gala en Santiago
- O CPDI xestionará o catálogo de servizos dixitais para todos os concellos
- Galsoft desenvolve un sistema operativo libre para a mocidade
- Conclusión sda Libre Software World Conference celebrada en Santiago
- A Deputación de Pontevedra informa das súas novas achegas TIC
- En marcha o obradoiro vigués de reciclaxe LazarusHack

PUBLICIDADE