Novo número da nosa edición impresa

mércores, 10 de outubro do 2012 Marcus Fernández

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF.
Nesta nova entrega dedicámoslle unha especial atención á posta en funcionamento do novo Centro de Proceso de Datos Integral da Xunta de Galicia nas instalacións da AMTEGA na Cidade da Cultura.
Tamén destacamos outros temas como:
- CPEIG principia unha iniciativa contra a ciberdependencia
- Convocan os Premios INNOVA-G
- Entrevista a José Angel Abeal, director xerente de Retegal
- Política Lingüística destaca aplicacións galegas nas que contribuíu no seu desenvolvemento
- Entrevista a Luís Pérez Freire co gallo do premio Gradiant á mellor tese doutoral
- Nova versión de GNOME en galego
- A LibreOffice World Conference celebrará o software libre en Compostela

PUBLICIDADE