Novo número da nosa edición impresa

xoves, 1 de marzo do 2012 Redacción

Coma todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF.
Nesta nova entrega dedicámoslle unha especial atención á modernización da Xustiza en Galicia a través do Plan Senda, ao lanzamento do picosatélite XaTcobeo e á celebración do encontro de social media Compostweets.
Outros temas que destacamos neste número son os seguintes:
- iTera facilita orientación de antenas de TDT
- Avances do Plan de Banda Larga da Xunta de Galicia
- O Cluster TIC celebra un novo encontro para facer máis unión fronte a crise
- Ineo fai un chamamento a prol dun uso máis xeral da eAdministración nas PEME
- A Deputación de Pontevedra pon en marcha unha nova web para promover o turismo no Salnés
- A Rede galega conmemora a figura do poeta Celso Emilio Ferreiro
- Own The Way achega un novo punto de vista sobre a zona vella de Santiago

PUBLICIDADE