Novo número da nosa edición impresa

mércores, 3 de novembro do 2010 Marcus Fernández

Coma todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF.
Nesta nova entrega dedicámoslle unha especial atención á Semana da Ciencia (evento que ten lugar entre os días 20 e 23 de novembro, e que serve para divulgar socialmente a labora investigadora en distintos ambitos), ao Salón Internacional de Tecnoloxía (SITE) que terá lugar os días 17 e 18 de novembro en EXPOCoruña, e ás Xornadas de Automatización Industrial (JAI) de Vigo.
Amais tratamos outros temas entre os que destacamos os seguintes:
- Modernización e o Goberno central traballan na renovación dixital da nosa Xustiza
- Felicitas Rodríguez fálanos do labor despregado dende o Servizo de Programación e Multimedia da Xunta
- Cabozo inclúe servizos de videoconferencia
- Jorge Mira presenta un libro sobre as vantaxes do pulo investigador
- Ineo pon en contacto ás firmas TIC da nosa terra coas grandes do transporte
- A cultura galega na Rede segue a ser fonte de novas
- Microsoft contraataca co Windows Phone 7
- Nova edición da Arroutada Party

PUBLICIDADE