Novo número da nosa edición impresa

luns, 28 de xuño do 2010 Marcus Fernández

Como tódolos meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF.
Nesta nova entrega dedicámoslle unha especial atención ao Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia, que amplía os servicios aos seus asociados e organiza distintos eventos nas últimas semanas.
Amais tratamos outros temas entre os que destacamos os seguintes:
- A Xunta presenta a nova face da súa web
- Axenda Dixital 2010.gal da Xunta de Galicia
- Política Lingüística dixitaliza o CELGA 1
- A Secretaría de Medios entrega os premios da festa da CRTVG
- Nova rede social na ESEI de Ourense
- Arteixo Telecom comeza unha nova andaina de mercado
- NextVision advirte en Santiago dos perigos das redes sociais
- Trebellos para o verán

PUBLICIDADE