Novo número da nosa edición impresa
luns, 17 de maio do 2010
Como tódolos meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF.
Nesta nova entrega dedicámoslle unha especial atención á celebración conxunta do DÃa das Letras Galegas e do DÃa da Internet, completando a información cunha achega ao CPEIG, Ineo e o Cluster TIC coma impulsores da Rede na nosa comunidade.
Amais tratamos outros temas entre os que destacamos os seguintes:
Rafael Valcarce, presidente do Cluster TIC de Galicia, opina sobre o noso potencial de mercado
Declaración institucional da Xunta co gallo do DÃa da Internet
Adianto do Foro Galego de Cloud que terá lugar o 20 de maio en Compostela
Entrevita co director territorial de Administración Pública de HP, Alfredo Ferreiro
EGANET informa dos froitos da súa bolsa de emprego
Novidades na páxina web da CRTVG
Modernización destina 10 millóns de euros a axudas para o sector
LaconNetwork: rumbo a un informal lobby galego das TIC
O Concello de Brión poderá impartir certificados europeos sobre Informática
A Universidade de Vigo estrea o voto electrónico