Novo número da nosa edición impresa

mércores, 31 de decembro do 2008 Marcus Fernández

Como tódolos meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF.
Nesta nova entrega dedicámoslle unha especial atención á Rede de Telecentros de Comunicación, e así falamos da incorporación de novos telecentros nos últimos meses, das vantanxes que achegan á cidadanía e da súa situación exacta.
Ademais tratamos outros temas entre os que destacamos os seguintes:
- Sinatura convidada: Manuel J. Fernández Iglesias dá a súa visión sobre a alfabetización dixital de segunda xeración
- Galinux, o sistema operativo libre e en galego
- Así será o novo Centro de Supercomputación Galego
- Informe INEO: novas claves contra a crise
- O teatro galego busca o seu oco na Rede
- Entréganse os galardóns do certame Curtas na Rede
- Escolma das novas tecnolóxicas máis destacadas de 2008
- Nace un novo portal de vicepresidencia: Benestargaliza.org
- Afiánzase a achega de ordenadores de baixo custo
- Premios para os internautas máis verdes
- Dygra Films colabora na primeira campaña publicitaria con tecnoloxía 3D

PUBLICIDADE