Novo libro en PDF sobre a Web 2.0

luns, 10 de setembro do 2007 Marcus Fernández

Os investigadores Cristóbal Cobo Romaní e Hugo Pardo Kuklinski veñen de publicar o libro Planeta Web 2.0. Inteligencia colectiva o medios fast food, que se pode descargar de balde en formato PDF e no que durante 162 páxinas pretenden instruír na historia da Web 2.0, o seu concepto e o seu futuro.
O texto busca así que o lector non se cegue en discursos grandilocuentes sobre a Web 2.0, e que chegue a entender se estamos ante un contorno de intelixencia colectiva ou a un sistema de distribución de información de rápido consumo, facendo para tal un achegamento académico moi completo, que permite afondar no concepto creado por Tim O’Reilly.
Planeta Web 2.0 tamén serve coma guía para coñecer un pouco mellor o novo mundo de aplicacións baseadas na Rede, así como ó crecente fenómeno da web móbil, rematando con reflexións sobre a futura web semántica.

PUBLICIDADE