Novo buscador de restaurantes galegos para Android

luns, 1 de agosto do 2011 Marcus Fernández

A empresa viguesa System3 Mobile vén de estrear no Android Market a aplicación Guía Gourmet Móvil, que facilita a localización de máis de 500 restaurantes galegos asociados á páxina web Restaurantesgallegos.com a través dunha interface áxil e intuitiva, a través da que localizar os restaurantes catalogados a través dunha listaxe na que parecen ordenados por proximidade á posición actual e permitindo a súa exploración por tipo de cociña, zonas, rango de prezos, servizos, instalacións... permitindo incluso rematar a busca cunha chamada para reservar mesa.
A aplicación tamén achega unha guía de viños galegos que busca difundir a cultura do viño que consideran tan importante na nosa comunidade.
Aseguran que esta ferramenta precisou de 8 meses de desenvolvemento, tempo no que recompilouse toda a información dispoñible e desenvolveuse a aplicación de consulta da mesma. Aínda que a versión actual só está dispoñible en español, teñen en desenvolvemento versións en galego e inglés.
Por desgraza, o feito de que esta guía móbil estea limitada a un número reducido de restaurantes reduce bastante a súa utilidade, resultando moito máis prácticas outras iniciativas galegas como a de Menús.es ou a de Páxinas Galegas.

PUBLICIDADE