Novelec abre un novo punto de venda na Coruña

luns, 28 de setembro do 2015 Redacción

A empresa de distribución de domótica, material eléctrico e telecomunicacións Novelec, amplía a súa presenza a nivel nacional coa apertura dun novo punto de venda. O establecemento atópase na Coruña e dispón de 1.300 metros cadrados de superficie. Con esta nova tenda, a compañía catalá acada a suma de 38 puntos de venda. O establecemento coruñés acabado de abrir está emprazado na rúa Severo Ochoa (número 7) e conta cun stock de 3.000 referencias e un persoal de 7 traballadores.
Os clientes, sinala Novelec, poderán adquirir “todo tipo de materiais de alta calidade relacionados coa instalación e mantemento, ofrecendo solucións integrais a través dos seus servizos innovadores e asesoramento personalizado”.
Lembrar que Novelec pechou cunha facturación de 64 millóns de euros ao remate do mes de agosto, “unha cifra que supón un aumento da facturación dun 28% con respecto ao mesmo período do ano anterior”. A compañía ten a súa sede principal en Cerdanyola del Vallès (Barcelona) e emprega actualmente a 340 persoas.

PUBLICIDADE