Artigos desta sección
A TDT dálle un importante pulo económico a Televés
Televés pechou o exercicio de 2006 cunha facturación récord de 192,1 millóns de euros, o que supón un crecemento do 24,2% con respecto ó exercicio anterior, explicándose esta evolución nas cifras do negocio na aposta pola empresa compostelá na implantación da Televisión Dixital Terrestre, comercializando xa un millóns de antenas para a adaptación da TDT, aínda que (...)
Ler máisBill Gates xa é un titulado de Harvard
Para algúns pode resultar abraiante descubrir que o multimillonario Bill Gates carecía de título universitario, pero de saber que en 1973 comezara estudos de Dereito na Universidade de Hardvard non sorprende que en 1975 deixase a carreira para dedicarse por completo a Microsoft. Agora, para recoñecer os seus logros coma empresario e pola súa labor (...)
Ler máisNovo xogo en liña con preguntas sobre o Camiño de Santiago e Galicia
O Camiño de Santiago estrea un xogo en liña de preguntas e respostas sobre a Ruta Xacobea e Galicia, creado por Juan Carlos González, director xeral da corporación Santino, que con 315 preguntas (coincidentes co número de concellos da nosa comunidade autónoma) interroga ó usuario con cuestións relacionadas co concello polo que se pasa nalgunha das principais (...)
Ler máisHáblame.TV: nova academia virtual de español con acento galego
A empresa viguesa Háblame.TV iniciou un orixinal sistema de ensino da lingua espoñola a través da Rede valéndose do formato televisivo co que pretende aproveitar as posibilidades do mercado das escolas de idiomas virtuais apoiándose en datos coma que en EE.UU. e Brasil hai 77 millóns de alumnos matriculados en clases de español. A nova academia permite (...)
Ler máisA partires de outubro poderase incluír o ñ nos nomes dos dominios “.es”
Ata o de agora, termos como viño, castaña, camiño e mesmo España así como absolutamente tódolos diminutivos do galego (tan empregados coloquialmente) eran substantivos non aptos para poñerlle un nome a unha web debido á inevitable presenza do ñ, esa particular letra presente no noso idioma que tantos problemas nos ten causado neste senso sobre todo dende a (...)
Ler máisInnovación anuncia a constitución dunha Plataforma Tecnolóxica da Enerxía no sector enerxético galego
O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, vén de anunciar a inminente constitución da Plataforma Tecnolóxica da Enerxía, que vai canalizar as estratexias de I+D+i no sector enerxético galego. Esta Consellería está a impulsar a posta en marcha da devandita Plataforma a fin de canalizar as estratexias de investigación, desenvolvemento e (...)
Ler máisO DivX Pro pode descargarse de balde por tempo limitado
Os usuarios que gusten de converter e reproducir vídeos en DivX poden aproveitar durante as vindeiras horas unha promoción que permite a descarga do paquete de DivX Pro de balde, precisando só de introducir o seu enderezo de correo electrónico para recibir un número de serie para rexistrar o produto. O paquete DivX Pro inclúe o reprodutor multimedia de DivX (...)
Ler máisA galega Blusens leva á Internet a música da Universal e de Vale Music
A filial española de Universal Music vén de incorporar o seu catálogo á Rede a través da empresa galega Bluesens grazas a “unha alianza estratéxica que fará que o camiño entre consumidor e discográficas non estea tan separado coma nos últimos tempos” segúndo afirmou durante a presentación do acordo José Ramón García, presidente de fabricante galego de reprodutores de (...)
Ler máisA nova discográfica de Justin Timberlake ficha a unha estrela de YouTube
Tennman Records, discográfica de Justin Timberlake, contratou á cantante holandesa de 18 anos Esmée Denters tras vela en YouTube, xa que a moza é todo un éxito no servizo de vídeo de Google con preto de 4 millóns de visualizacións dos seus clips. Deste xeito, o selo musical fundado por Timberlake fai a súa primeira fichaxe, e a estrea nos escenarios da nova (...)
Ler máisCaixanova iniciará un Máster sobre Software Libre
Caixanova porá en marcha un Máster sobre Software Libre na cidade de A Coruña, nunha iniciativa pioneira en Galicia que contará coa achega académica da Universidade Rey Juan Carlos e a visión empresarial da empresa galega Igalia. O Máster terá unha orientación práctica e profesional, dirixido a novos titulados ou a profesionais que queiran complementar a súa (...)
Ler máis0 | ... | 47760 | 47770 | 47780 | 47790 | 47800 | 47810 | 47820 | 47830 | 47840 | ... | 48930
