Artigos desta sección
Un novo navegador permite ver as webs en 3D
Os usuarios que queiran facer un uso máis espectacular do seu navegador de Internet estarán contentos de descubrir que unha empresa neoiorquina vén de lanzar SpaceTime 3D, un navegador tridimensional que amosa o historial de web vistas a xeito de liña de tempo, permitindo o desprazamento dunhas webs a outros nun contorno 3D, podendo verse cada fiestra en 2D (...)
Ler máisXuventude estrea un novo portal de información para os mozos
A Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil cambia a súa cara na Internet, de xeito que a web baixo o dominio rix.org pasaralle o relevo a xuventude.net na súa labor informativa, segundo anunciou Rubén Cela, director xeral de Xuventude. O novo portal pretende achegar máis información e busca a participación dos mozos, no que é unha aposta para (...)
Ler máisO 65% dos reprodudores de MP3 chineses son defectuosos
O Ministerio de Industria da Información chinés queixouse da mala calidade dos reprodutores de MP3 producidos no seu país asegurando que o 65% dos mesmos presentaban defectos de calidade segundo un estudio que se vén de publicar. O informe analizou dispositivos de 32 marcas chinesas dos que só 11 superan os estándares de calidade mínimos, atopándose a (...)
Ler máisAs sentenzas de tódolos tribunais españois xa se poden seguir na Internet
Javier Laorden Ferrero e Javier Martínez Lázaro, vogais do Concello Xeral do Poder Xudicial, xunto con Juan Mateo Ayala, director do CENDOJ, presentaron un novo servizo que permite que os cidadáns poidan acceder a través da Internet ás sentenzas que ditan as Audiencias Provinciais de toda (...)
Ler máisIntel presenta novos chipsets no Computex 2007
A feira Computex de Taipei estase a converter nun lugar ideal para a presentación de novos produtos para os grandes fabricantes de electrónica de consumo, e Intel aproveitou o evento para amosar a súa nova familia de chipsets, os Intel 3 Series, que melloran o rendemento dos equipos informáticos, estando deseñados para utilizarse cos vindeiros procesadores (...)
Ler máisO HTC Touch quere competir co iPhone de Apple
Como xa anunciara, HTC presentou hoxe un novo terminal de telefonía móbil, que pretendería competir co iPhone de Apple a tenor da súa aparencia externa e as súas prestacións, xa que o HTC Touch conta cunha grande pantalla táctil que permite facer desprazamentos grazas á nota tecnoloxía TouchFLO. O novo terminal funciona co sistema operativo Windows Mobile 6, (...)
Ler máisTurismo estrea un buscador das festas de verán en Galicia
Rubén Lois, director xeral de Turismo da Consellería de Innovación e Industria, e Xesús Pereira, director-xerente de Turgalicia, presentaron en Santiago de Compostela dúas novas publicacións informativas turísticas que inclúen os principais acontecementos lúdicos previstos para o verán nos concellos galegos e unha relación dos principais servizos turísticos do (...)
Ler máisSanDisk presenta o seu disco SSD de 64 Gb
SanDisk presentou na feira Computex (que se celebra estes días en Taipei) o seu disco de estado sólido de 64 Gb, polo que duplicaría a capacidade habitual deses soportes e os achegaría a fabricantes de equipos portátiles de tamaño reducido, xa que se comercializarán en dous tamaños: 2,5 polgadas (o estándar dos portátiles actuais) e 1,8 polgadas (para equipos de (...)
Ler máisApple renova os seus MacBook Pro
Despois de moitos rumores finalmente Apple renova a súa oferta de ordenadores portátiles incorporando a última tecnoloxía de microprocesadores de Intel (Santa Rosa) de xeito que os portátiles MacBook Pro incorporan procesadores Intel Core 2 Duo, soportando ata 4 Gb de RAM e contado con novas tarxetas gráficas (NVidia GF8600M GT). Os equipos continúan a (...)
Ler máisA inversión nas empresas tecnolóxicas galegas medrou un 45 por cento en todo o 2006
A entidade Axesor, especializada no subministro de información empresarial por Internet, vén de presentar un estudo sobre o investimento nas empresas tecnolóxicas galegas realizado ó longo do 2006, no que asegura que “se obtivo un crecemento do 45 por cento”. Con 163 empresas deste tipo en toda a Comunidade e cunha media de 16 empregados por empresa, as (...)
Ler máis0 | ... | 47780 | 47790 | 47800 | 47810 | 47820 | 47830 | 47840 | 47850 | 47860 | ... | 48940
