Menu
PRINCIPAL
  • EMPRESASNovas sobre empresas TIC
      • Nexos 25 impulsa dous proxectos para responder á demanda de tecnoloxías avanzadas de mapeo e intelixencia (...)

        O programa Nexos 25 atende a crecente demanda de tecnoloxías avanzadas de mapeo, intelixencia (...)

        Vitae organiza en xuño unha nova xornada gratuíta sobre as utilidades da IA Xenerativa no software

      • Vitae achega en verán a 5ª edición do seu curso sobre IA Xenerativa para a selección de perfís (...)

        En xuño volve o curso de Vitae centrado na programación de aplicacións profesionais con IA

        Vitae mostra aos propietarios de produto como usar a IA para aumentar en axilidade

  • SubscríbeteAs nosas novas por e-mail
    • Subscríbete ao noso boletín

      En móbiles e tabletas

      Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.

      Redes sociais

             

  • Edición ImpresaA nosa revista en papel
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Recursos de busca

Artigos desta sección

YouTube estrea versión para móbiles

Se algo lle faltaba ó servizo de vídeos YouTube era a ubicuidade, e finalmente estrean a súa funcionalidade que achega os clips creados polos seus usuarios ós móbiles mediante unha versión da súa web en xHTML e que remite os vídeos mediante streaming ós terminais móbiles que soporten ficheiros 3GP con vídeo en H263 e son en formato AMR, ou sexa, a meirande parte (...)

Ler máis

Microsoft presenta esta semana a súa nova solución de IPTV

Esta semana durante a feira NXTcomm de Chicago, Microsoft presentará a última actualización da súa plataforma de televisión por IP agora coñecida coma Microsoft Mediaroom que incorpora novas prestacións como a compartición doméstica de música e fotosgrafías, un sistema dinámico de multivistas (que permite varias imaxes de vídeo en pantalla), un contorno de (...)

Ler máis

WeFi: unha aplicación atopar redes Wi-Fi abertas (e amosarllas ó resto do mundo)

A proliferación de redes Wi-Fi abertas para ter acceso de balde á Rede fixo que Yossi Vardi, Arnon Kohavi e Shimon Scherzer fundaran WeFi, unha empresa sita en Mountain View cun centro de I+D en Tel Aviv e que publicou unha aplicación informática que reemplaza o administrador de conexións sen fíos de Windows e conecta cos hotspots libres que haxa no contorno (...)

Ler máis

Un español gaña preto de 27 millóns de euros nun billete de lotería adquirido na Rede

A empresa Ventura24.es, que vende loterías e apostas do Estado a través de Internet, vén de anunciar a tramitación dun boleto de lotería premiado con 26,94 euros pertencente a un único acertante castelán-manchego que atinou na combinación gañadora do Euromillóns do pasado venres nunha soa aposta de 2 euros. O premio, pese a ser o maior adquirido ata o de agora a (...)

Ler máis

Michael Moore crea un grupo en YouTube para promocionar a súa última película

O polifacético director Michael Moore, ás portas de encabezar de novo as listas dos individuos máis axitadores e polémicos da vida pública norteamericana coa súa última película “Sicko”, vén de abrir un grupo en YouTube para que os estadounidenses que o desexen, conten as súas malas experiencias co sector da sanidade pública do seu país. Con esta iniciativa, Moore (...)

Ler máis

Red.es presenta en Santiago un programa para fomentar o uso das TIC entre os cidadáns e as PEME

A entidade do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, Red.es, vén de presentar en Santiago de Compostela unha ampla iniciativa dirixida a fomentar a incorporación das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) entre os cidadáns e as PEME da comarca no marco do Plan Avanza. Ademais, incluidos no devandito Plan, Compostela acollerá outras dúas (...)

Ler máis

Tecnocom mercará Getronics Iberia

Tecnocom, empresa que mercara en 2006 á galega Softgal, pagará agora entre 80 e 95 millóns de euros para adquirir Getronics Iberia dependendo a cantidade dos resultados operativos da compañía (que deberían acadar os 7,75 millóns de euros no primeiro trimestre do ano). O peche definitivo da operación de compravenda queda suxeito ás aprobacións pertinentes en (...)

Ler máis

YouTube e a CNN alíanse para dar cobertura ós debates presidenciais nos EE.UU.

YouTube e a CNN colaborarán para o patrocinio dos debates presidenciais dos partidos demócrata e republicano nos EE.UU., de xeito que se poderán compartir e distribuír na Rede, aínda que a principal innovación será que os cidadáns norteamericanos poderán subir vídeos a YouTube cunha duración máxima de 30 segundos nos que se farían preguntas ós candidatos. Os vídeos (...)

Ler máis

Red.es organiza un circo tecnolóxico para achegar Internet ós máis novos

A entidade do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, Red.es, no marco do seu Plan Avanza, vén de anunciar a celebración dunhas “Xornadas de Internet para a Infancia” que terán lugar do vindeiro 19 ó 22 de xuño en Madrid. Este evento, lúdico e educativo onde os haxa, tén como obxectivo promover o uso das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC) (...)

Ler máis

Un estudo afirma que o emprego de tabletas gráficas reduce o síndrome de RSI

Nos últimos anos, os médicos non fan máis que advertir dos problemas que ocasiona o emprego excesivo do ordenador ó longo do día. Dores de cabeza, de costas ou vista cansa non son nada a carón do síndrome do RSI (Reforzo Muscular Repetitivo) popularmente coñecido como “brazo de rato” que adoitan sufrir os traballadores que pasan longas horas perante os (...)

Ler máis

0 | ... | 47720 | 47730 | 47740 | 47750 | 47760 | 47770 | 47780 | 47790 | 47800 | ... | 48930

Dinahosting hospeda este espazo web






Revista en PDF:

Descárgaa xa







AMTEGA
· Metaversos. Enfoque opensource - GaiásTech
· O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a ampliación do prazo para solicitar os bonos dixitais ata o 15 de decembro
· A Xunta destaca a importancia da concienciación dixital para crear un territorio conectado e seguro

Axencia Galega de Innovacion

O Portal da Lingua Galega







Código Cero

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

CONTACTO

  • Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
    Rúa das Hedras 4 1 M
    (Pol. Novo Milladoiro)
    15895 Ames - Milladoiro
  • 981 53 02 68
  • redaccion@codigocero.com

Premios

             

© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade