Artigos desta sección
Google presenta un servizo de buscas personalizadas para as PEME
Para diversificar as súas fontes de ingresos Google estrea un sistema personalizado de buscas para as PEME que permite ás empresas instalar nas súas webs unha barra de busca que funciona coma Google, pero que permite guiar ós clientes a través dos seus produtos, podendo modificar a súa aparencia para achegarse á imaxe corporativa. A instalación desta nova (...)
Ler máisMáis de 3.500 detidos por delitos contra a propiedade industrial e intelectual ó longo de 2006
A Oficina Española de Patentes e Marcas vén de presentar as conclusións do Informe sobre Intervencións 2006 nas que dá conta do total de delitos contra a propiedade industrial e intelectual levadas a cabo ó longo do pasado ano. O devandito estudo indica que os Corpos e Forzas de Seguridade do Estado realizaron un total de 3.002 intervencións, detiveron a (...)
Ler máisOs virus do “secuestro virtual” poderían ser unha perigosa ameaza, segundo o sector da seguridade
Coa aparición antonte dun novo troiano que, amais da posibilidade de roubar información bancaria, encripta (enténdase por isto que codifica e bloquea) os nosos datos até que fagamos o pago dun “rescate” de 300 euros, os responsables dalgunha das máis importantes compañías que deseñan programas antivirus veñen de augurar que no futuro xurdirán novas e mais (...)
Ler máisMúsica, teatro, arte e software libre, en vivo nunha nova edición de Festigal
A sexta edición do Festigal xa se ve ó lonxe. Trátase dun festival multitemático e interdisciplinar que discorre paralelo en Santiago ás Festas do Apóstolo, un espazo independente para os galegos e galegos que se vexan afogados pola oficialidade dos programas desenvolvidos por comisións de festexos vitalicias. A idea de Festigal é non ofrecer só música e (...)
Ler máisManolo Kabezabolo permite descargar de balde o seu último disco
Canso de pelexar contra “vento e a SXAE”. O disco Aversiones de Manolo KabezaBolo xa está dispoñible de balde na súa web dende o pasado 18 de xullo, para todo aquel que desexe descargalo. Coa escusa de que “a SXAE quere o noso diñeiro”, “os selos discográficos queren beneficios” e “as tendas queren forrarse”, este peculiar cantautor xa viña anunciando dende hai (...)
Ler máisAberto ata o 20 de xullo o segundo prazo de inscrición para a ceLANova Party
Os vindeiros 6, 7 e 8 de agosto, o Concello de Celanova (Ourense) vai recibir (por terceiro ano consecutivo), ós participantes dunha nova edición da ceLANova Party, unha festa dedicada ás novas tecnoloxías e a Internet que, dende os seus inicios, tivo gran afluencia de público procedente de tódolos recunchos da provincia. O prazo para realizar a inscrición (...)
Ler máisPese á carencia de estándares, os banners comezan a imporse como formato publicitario nos móbiles
Expertos publicistas estiman que en 4 ou 5 anos o uso do banner como elemento publicitario nos móbiles podería acadar a mesma taxa de penetración que ten actualmente na Internet, en vista da forza que está a tomar cada día. Así, o profesor Ralf Schenberg (do Instituto de Marketing Móbil de Münster) asegura que “cando os presupostos publicitarios se axusten ó (...)
Ler máisByGalicia: un portal para abrirlles ós empresarios galegos o vieiro do internacional
Coa finalidade de incrementar a presenza das empresas galegas no exterior e mellorar as relacións cos empresarios de fóra, a Consellería de Innovación e Industria vén de presentar o portal web www.bygalicia.eu, unha ferramenta que lle dá pulo á internacionalización e ao posicionamento de Galiza no mercado global e que vai encamiñada a axudar ós pequenos e (...)
Ler máisInnovación porá en marcha programas de difusión das vantaxes do DNIe (ese descoñecido)
O DNI electrónico (DNIe) ten máis sona hoxe polos problemas de ringleiras que ocasiona nas dependencias da Policía Nacional que polas vantaxes que vai achegar ós cidadáns. O caso é que en moitos eidos da sociedade segue a ser un completo descoñecido. De feito, segundo un estudo recente de Pragsis Technologies, o 63% dos cidadáns españois tiña a idea de que (...)
Ler máisA galega Egatel leva a Finlandia tecnoloxía de acceso á Televisión Dixital Terrestre
A empresa Egatel (con sede en Galiza) está a achegar tecnoloxía de Televisión Dixital Terrestre (TDT) a Finlandia, concretamente á compañía de telecomunicacións Vasa Telephone Company para o subministro e posta en marcha dunha rede encamiñada a dar servizo a uns 30.000 cidadáns de Vasa e os seus arredores. Egatel, que cubre con este proxecto unha área de 9.000 (...)
Ler máis0 | ... | 47550 | 47560 | 47570 | 47580 | 47590 | 47600 | 47610 | 47620 | 47630 | ... | 48930
